Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, June 17 and Wednesday, June 26.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Antón Zapata García: Biografía dun Poeta Emigrado ao Servizo da ii República (in Galician)
Miro Villar GonzÁLez
Synopsis "Antón Zapata García: Biografía dun Poeta Emigrado ao Servizo da ii República (in Galician)"
A vida de Zapata entre a colonia galega non debeu ser fácil. Nacionalista Galego e independentista, antifranquista e aliadófilo, a sua rexa personalidade tivo de aturar moitos sensabores e inxurias. "Poeta das sans rebeldías", chamoulle o estudoso Alberto Vilanova na biografía que lle dedicou na sua voluminosa obra Los gallegos en la Argentina. E de corazón e espírito rebelde foi Zapata, loitador desde ben mozo da causa da liberdade. Liberdade da súa patria asoballada para a que arelou días máis ventureiros traballando a prol da sua cultura, como socio protector do Seminário de Estudos Galegos, e da sua conciencia nacional na Agrupazón Nazonalista Pondal, formada nos anos vinte polos mozos emigrantes galegos que albiscaban unha Galiza independente e dona de si. E liberdade da humanidade aferrollada pola ameaza do nazismo e do fascismo, que o levou a cantar un Hino a Stalingrado e dedicar un poema á destrución de Gernika.