Antroponimia Medieval Galega (Ss. Viii Xii) (Patronymica Romanica) (in Portuguese) - Ana Isabel Boulla3N Agrelo; Ana Isabel Boull N. Agrelo; Ana Isabel Boullon Agrelo
New Book
£ 304.27
Free UK Delivery
Choose the list to add your product or create one New List
Origin: U.S.A.
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, June 17 and Wednesday, July 03.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Antroponimia Medieval Galega (Ss. Viii Xii) (Patronymica Romanica) (in Portuguese)
Ana Isabel Boulla3N Agrelo; Ana Isabel Boull N. Agrelo; Ana Isabel Boullon Agrelo
Synopsis "Antroponimia Medieval Galega (Ss. Viii Xii) (Patronymica Romanica) (in Portuguese)"
O propósito deste traballo é contribuír ó estudio lingüístico sobre os nomes de persoa na Galicia altomedieval. O corpus está formado por documentos éditos de Sobrado, Carboeiro, Samos, Xubia e Santiago, situados cronolóxicamente entre os ss. VIII e XII. Fíxose necesaria a confrontación cos orixinais, dado o número de erros presentes nas edicións. Tras tira-los nomes propios, contamos cuns 10.000 cadeas onomásticas, o que supón ó redor das 18.000 ocorrencias. A partir deste material realizouse o estudio sobre o sistema de denominación persoal e a súa evolución: constatouse o paso da nominación única á utilización de segundos nomes, constituídos maiormente por outros nomes persoais en xenitivo ou cun sufixo patronímico (-iz, mod. -ez); en menor medida empregáronse sobrenomes (procedentes de alcumes, hipocorísticos e designativos profesionais) e nomes de orixe (topónimos e étnicos). A seguir, considerouse a composición etimolóxica do material onomástico, reflexo da historia social e cultural: a escasa pervivencia do elemento prerromano, a entrada dos nomes latinos ou transmitidos polo latín (gregos e hebreos), a influencia do cristianismo, a extraordinaria difusión da onomástica xermánica e a débil repercusión da árabe. En cada un destes capítulos inclúese información estatística que reflicte as respectivas proporcións, os nomes máis usados, a evolución cronolóxica das formas, etc. Despois elaboramos un diccionario cos materiais onomásticos, agrupando as variantes baixo unha única forma normalizada; o número total de entradas ronda as 2140. En cada unha delas realizamos un estudio particularizado, que inclúe información etimolóxica e, de se-lo caso, fonética e histórica, así como outras posibles referencias bibliográficas. Por último, inclúese unha relación das modificacións feitas ás fontes revisadas, de tódalas formas tratadas e da bibliografía.