velaquí a historia de clara, unha muller de 45 anos que fai reconto da súa propia experiencia vital -acaso a memoria de toda unha xeración adormiñada e triste- sentada dediante do televisor naqueles días de novembro gris, no ano 1975, cando enterraban ó xeneral franco. algo enterrabamos todos con el. abríase, temesiña e nova, unha fiestra de luz e de esperanza no horizonte... unha xanela de paxaros... intenso proceso de interiorización lírica na imaxinación dun home de vinte anos. airexiña nova de futuro.