Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, June 07 and Tuesday, June 18.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
O Ano Da Lebre (in Galician)
Arto Paasilinna
Synopsis "O Ano Da Lebre (in Galician)"
Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura. Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre. Desde ese preciso intre, como a bolboreta que bate as ás e provoca unha tempestade no outro lado do mundo, o seu perfil de xornalista de relativo éxito atrapado nun matrimonio sen amor esfarelouse, e emprendeu unha viaxe sen igual pola xeografía de Finlandia até chegar ao mesmo Mar Branco. Nesta novela-debut de 1975, Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor. Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.