Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, June 14 and Tuesday, June 25.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Singamia 1. 1 (Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo) (in Spanish)
RamÓN Caride
Synopsis "Singamia 1. 1 (Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo) (in Spanish)"
A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas. Obsérvannos até facernos transparentes. Non hai segredos para elas. Invadiron as familias, a saúde, a reprodución, as relacións persoais, toda a intimidade. Mesmo os soños. Adiantan as nosas necesidades e decisións, coñecen todo de nós... Mais, que sabemos nós delas? Singamia 1.1 (Queridas máquinas) culmina a triloxía AKTUAL de Ramón Caride coa vertixe dun futuro presente. Moitos dos acontecementos destes relatos, así como o xeito en que suceden, non serían posibles hai cinco anos. Só hai que mirar ao noso redor para poder ver o que temos diante dos ollos.