Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Tuesday, July 02 and Tuesday, July 09.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
A Ciencia Política. (in Galician)
Argimiro Rojo Salgado
Synopsis "A Ciencia Política. (in Galician)"
Nesta obra tratouse de sintetizar da maneira máis rigorosa, didáctica e divulgativa posible os grandes contidos, conceptos e categorías que constitúen e definen a esta disciplina académica máis que bimilenaria chamada ciencia política. A través destas páxinas poderase facer un rápido percorrido pola historia da disciplina, desde as súas orixes ata a actualidade, descubrindo todos aqueles contidos ontolóxicos, epistemolóxicos e metodolóxicos que aos poucos foron contribuíndo ao seu nacemento, autonomía, consolidación, institucionalización, profesionalización e universalización. Iso permitirá coñecer non só os distintos obxectos de estudo que foron conformando a evolución conceptual da disciplina politolóxica (a política, o poder, a lexitimidade, o estado, a democracia, a gobernanza…), senón tamén a algúns daqueles autores que máis contribuíron a que o coñecemento acerca da política alcanzase esa esixencia de cientificidade e excelencia académica que hoxe posúe.