Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Thursday, July 04 and Thursday, July 11.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
A Elegancia do Século (Edición Literaria - Poesía) (in Spanish)
Pura Tejelo
Synopsis "A Elegancia do Século (Edición Literaria - Poesía) (in Spanish)"
Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular incansable. En cada poema atopamos lugares e personaxes recoñecibles, contemplados desde unha perspectiva próxima, nus ante a loita pola supervivencia. Son homes e mulleres cheos de valor e dignidade, persoas anónimas; pero conscientes, non derrotadas. Este é un libro vital, un canto de esperanza, no que a tenrura e o humanismo conviven coa ironía, o xogo e a experimentación. Un poemario sereno e comprometido, onde as palabras, xustas e belas, conviven en harmonía. Ese é o sentido último da palabra poética, o gran valor de A elegancia do século.