Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, July 12 and Friday, July 19.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
As Cousas Claras (Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo) (in Galician)
Xosé A. Neira Cruz
Synopsis "As Cousas Claras (Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo) (in Galician)"
En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor. ''As cousas claras'' de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. ''As cousas claras'', ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.