Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Thursday, July 04 and Thursday, July 11.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Papaventos (Edición Literaria - Narrativa) (in Galician)
Xavier Queipo
Synopsis "Papaventos (Edición Literaria - Narrativa) (in Galician)"
en papaventos, xavier queipo transpórtanos desde as douradas praias de california ó país da brétema, pasando por chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. a historia de papaventos ten a súa orixe na morte de giovanni portiero, traductor de josé saramago ó inglés. portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de ensaio sobre a cegueira. saramago contoullo, totalmente abraiado, a donzelina barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria the paris review, editada en nova york no inverno de 1998, logo de recibir o premio nobel. xavier queipo quere “que ninguén procure outra semellanza. agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. por respecto a portiero. por respecto a saramago. por respecto a quen lea esta novela”. a partir, pois, desta anécdota real queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade. papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio.