Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, June 21 and Tuesday, July 02.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
O Mundo en que Vivín (Sin Fronteras) (in Galician)
Ilse Losa
Synopsis "O Mundo en que Vivín (Sin Fronteras) (in Galician)"
Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña –cara ao final da Primeira Guerra Mundial– ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente. Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar“xusto enriba de nós”. Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simul- taneamente sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, na marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós da vila; o pai, tratante de cabalos, fustrigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mozo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións). A acción deséñase nunha sucesión de fases biográficas progresivamente dramáticas coas que acabamos por participar dun destino, ao mesmo tempo moi singular e moi típico, que ben nos podería suceder.