It will be shipped from our warehouse between Thursday, June 20 and Wednesday, July 03.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Operacións Administrativas de Compravenda (in Spanish)
Josefa Carmen Barreiro Veloso
Synopsis "Operacións Administrativas de Compravenda (in Spanish)"
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do
Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e
Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade
Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.
Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza
presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno
onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a documentación que xera a actividade
de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión
comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as
declaracións da empresa na Axencia Tributaria.
Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios.
Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos
mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento
da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática.
Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas
actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas
conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse
numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións
fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro
contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.