Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Wednesday, May 29 and Friday, June 07.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
A Árbore da Escola (in Galician)
Antonio Sandoval
Synopsis "A Árbore da Escola (in Galician)"
"No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco " A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes en A árbore da escola. Esta historia de estrutura circular narra -cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo. Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos, que conseguen chamar a atención dos botánicos.