Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, May 13 and Wednesday, May 22.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
A Arte de Trobar (Edición Literaria - Narrativa) (in Galician)
Santiago Lopo
Synopsis "A Arte de Trobar (Edición Literaria - Narrativa) (in Galician)"
No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga." A arte de trobar " é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano.Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, " A arte de trobar " constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.