Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Wednesday, June 12 and Friday, June 21.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
a miña man na túa (in Galician)
mariasun landa
Synopsis "a miña man na túa (in Galician)"
o protagonista e narrador desta novela é xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. un día decide fuxir da súa casa e vai refuxiarse nunha cabana do monte, só coñecida por el e mailo seu amigo antón. alí, na cabana, ponse a escribí-los seus pensamentos, e deste xeito, podemos coñece-la súa historia. así, sabemos que xabi vivía só coa súa nai. o seu pai morrera nun accidente, cando el aínda non nacera. un día descobre que a súa nai está namorada de novo. o mozo é carlos, un profesor, e xabi non o pode nin ver. como a nai segue adiante co noivado, o rapaz non o dá aturado máis e foxe da casa. a través do que xabi escribe, imos coñecendo outras cousas importantes da súa vida: a profunda amizade con antón, un rapaz entusiasta da natureza; o seu cariño por sabela, unha compañeira de clase que lle gusta moito; a simpatía que sente por irene, namorada dun home que morrera asasinado... o relato remata na madrugada, despois de que xabi pasase a súa primeira noite só, na cabana do monte. nese momento, con fame e frio, desexaría sentirse preto da súa nai, como cando era máis pequeno; pero tamén sabe que, dalgún xeito, as causas xa nunca poderán volver ser como eran e el terá que afrontar unha nova etapa na súa vida.