Millions of books in English, Spanish and other languages. Free UK delivery 

menu

0
  • argentina
  • chile
  • colombia
  • españa
  • méxico
  • perú
  • estados unidos
  • internacional
portada A Negrura do mar
Type
Physical Book
Publisher
Format
Paperback
ISBN
9788497822138
ISBN13
9788497822138

A Negrura do mar

Ramon Caride Ogando (Author) · Xerais · Paperback

A Negrura do mar - Ramon Caride Ogando

Used Book

£ 12.32

  • Condition: Used
Origin: Spain (Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Tuesday, June 04 and Thursday, June 13.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.

Synopsis "A Negrura do mar"

O presente volume inclúe unha novela ( A negrura do mar ) e dous relatos longos (O misterio do Prión e A primeira aventura ) que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en Perigo vexetal , que tiveron novas entregas na colección Merlín, Ameaza na Antártida e O futuro roubado . Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n A negrura do mar a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte. N O misterio do Prión , os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. Por último, completa estes Arquivos de Sheila e Said , ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, a narración da primeira aventura dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.

Customers reviews

More customer reviews
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)

Frequently Asked Questions about the Book

All books in our catalog are Original.
The binding of this edition is Paperback.

Questions and Answers about the Book

Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.

Opinions about Bookdelivery

More customer reviews