Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, May 17 and Tuesday, May 28.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego (in Galician)
Varios Autores
Synopsis "Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego (in Galician)"
este dicionario enciclopedia do pensamento galego, coordinado por andrés torres queiruga e manuel rivas garcía e redactado por corenta e seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. de aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira. deste xeito, o dicionario, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxía, pensamento científico, dereito, economía, estética, exilio, feminismo, literatura, matemática, medicina, nacionalismo, pedagoxía, política, prensa e relixión. por último os índices onomástico e temático permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronía e diacronía, poden axudar a unha visión máis integral e realista da nosa cultura. a nómina de pensadores da primeira parte chega aos nosos días, ocupándose con maior profundidade dos autores fenecidos e delimitando a extension das entradas consonte á importancia do seu pensamento. para os autores vivos acudiuse, cando foi posible, á información dos propios interesados, adoptándose un criterio de estrita austeridade informativa, cinxíndoa a datos biográficos ...