Millions of books in English, Spanish and other languages. Free UK delivery 

menu

0
  • argentina
  • chile
  • colombia
  • españa
  • méxico
  • perú
  • estados unidos
  • internacional
portada Economia da Empresa
Type
Physical Book
Publisher
Category
texto Bachillerato
Year
2015
Format
Paperback
ISBN13
9788499951898

Economia da Empresa

Rafael Prieto-Puga Farina (Author) · Baia · Paperback

Economia da Empresa - Rafael Prieto-Puga Farina

Texto bachillerato

Out of Stock

Synopsis "Economia da Empresa"

Encuadernación: RústicaComunidad Autónoma: GaliciaLibro del alumnoA empresa é o centro da actividade económica.O obxectivo da Economía da Empresa é mostrar que é e como actúa unha empresa no seu contexto económico e sociopolítico, analizando as súas características e funcionamento global. O obxectivo, pois, deste libro é o de permitir coñecer a empresa encanto que organismo encargado de producir todo aquilo que a sociedade necesita, así como o seu funcionamento a través da análise das súas distintas áreas funcionais de actividade. O Boletín Oficial do Estado do 6 de novembro de 2007 recolle os contidos mínimos do bacharelato e en concreto os referidos á materia de Economía da Empresa establecidos pola administración educativa. Dando continuidade a estes contidos, a Administración galega (DOG do 23 de xuño de 2008) aproba o currículo obxecto de estudo e, en función del, planifícase o desenvolvemento da materia. As modificacións introducidas no decreto xustifican a reelaboración do anterior manual de 2004 da mesma autoría, dando lugar a esta nova proposta que confiamos igualmente sirva para os fins para os que foi escrita. A materia busca estudar a empresa, tanto desde unha perspectiva interna como das súas interaccións coa sociedade. Tendo en conta que a empresa é un organismo en constante adaptación aos cambios que se dan na sociedade, trata de entender a lóxica das súas actuacións valorando os seus resultados e as consecuencias da súa actuación, tanto desde o punto de vista social como ético ou ambiental. O presente manual está estruturado en sete bloques de contidos, que recorren as diversas actividades da empresa, desde o concepto e as relacións co contorno até as diferentes áreas funcionais de actividade, e un anexo que servirá de guía para a elaboración dun proxecto empresarial. O primeiro bloque analiza a empresa e as súa función social, estudando o concepto, clases e relación co seu contorno. O segundo bloque analiza a empresa en funcionamento, en aspectos como localización, dimensión e crecemento. O terceiro céntrase na organización e os recursos humanos dentro da empresa. A partir de aquí estudaranse as distintas áreas funcionais da empresa, comezando, no bloque cuarto, pola función produtiva e os custos da produción, e continuando, do bloque quinto ao sétimo, coa función comercial, económica e financeira da empresa. En total, 14 capítulos que son tratados, didáctica e pedagoxicamente, dun xeito similar: En cada tema un esquema conceptual inicial pretende, a modo de instantánea, mostrar unha idea xeral do seu contido; con posterioridade ao desenvolvemento dos seus contidos específicos, faise unha síntese daqueles elementos que constitúen as ideas clave, como indicadores dos conceptos de maior peso e resumo do tratado nas páxinas anteriores. Finalmente propóñense unhas cuestións e exercicios de autoavaliacións que, utilizando as máis das veces un formato de preguntas concretas serven para repasar e practicar o estudado. O currículo establece a necesidade de realizar un Proxecto de Iniciativa Empresarial que globalice todo o estudado. A realización deste proxecto pode facerse de diversos xeitos, aquí suxírense dúas formas: 1) Seguir a orde dos bloques temáticos, polo que, ao final de cada un deles, e relacionados cos contidos tratados nos distintos temas, se presentan unhas actividades a realizar orientadas a confeccionar un proxecto. 2) Seguir o apuntado no último bloque ou específico do proxecto, en que os apartados pretenden dar contido ao que sería un Plano de empresa. Calquera das opcións pretende alcanzar o mesmo obxectivo: facer un plano de posta en marcha dun negocio. A elección dun ou outro dependerá do tempo ou a intensidade que se lle queira dedicar.

Customers reviews

More customer reviews
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)

Frequently Asked Questions about the Book

All books in our catalog are Original.
The binding of this edition is Paperback.

Questions and Answers about the Book

Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.

Opinions about Bookdelivery

More customer reviews