Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Wednesday, May 15 and Friday, May 24.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
Foula e Ronsel: Os Anos que Marcaron a Biografía de Carvalho Calero (1910-1941): 302 (Enasaio) (in Galician)
Aurora Marco RodrÍGuez
Synopsis "Foula e Ronsel: Os Anos que Marcaron a Biografía de Carvalho Calero (1910-1941): 302 (Enasaio) (in Galician)"
No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que se desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no seu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e en Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Ricardo Carvalho Calero (1910-1941).