Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Tuesday, May 28 and Thursday, June 06.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
O Inimigo Coñece o Sistema (in Galician)
Marta Peirano
Synopsis "O Inimigo Coñece o Sistema (in Galician)"
"A tecnoloxía que mantén Internet en funcionamento non é neutral, igual que tampouco o é a que atopamos ou instalamos nos nosos teléfonos móbiles. Na última década, todas evolucionaron dun xeito premeditado, cun propósito moi específico: manterte cos ollos pegados á pantalla durante o maior tempo posible, sen que nunca acades o punto de saturación. Son capaces de facer calquera cousa con tal de que sigas lendo titulares, premendo sobre ligazóns, engadindo favoritos…" A rede non é libre, nin democrática. Ese conxunto de servidores en sitios remotos, antenas, routers e cables de fibra óptica está controlado por cada vez menos empresas. Internet é a infraestrutura máis grande xamais construída, o sistema que define todos os aspectos desta sociedade dixitalizada. Sen embargo, é secreta; os seus algoritmos son opacos, as súas microdecisións non se poden rastrexar. Os centros de poder que almacenan e procesan a información están ocultos, camuflados por criptografía; a súa linguaxe está deseñada para confundir a idea que temos dela. O inimigo coñece o sistema, pero nós non.