Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Thursday, May 23 and Monday, June 03.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
O Segundo Sexo ii: Tomo ii. A Experiencia Vivida (in Galician)
Simone De Beauvoir
Synopsis "O Segundo Sexo ii: Tomo ii. A Experiencia Vivida (in Galician)"
Coa publicación desta segunda entrega d’ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas... Leer másCoa publicación desta segunda entrega d’ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, «A experiencia vivida», Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, «Formación», estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, «Situación», analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, «Xustificacións», abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á «narcisista», á «namorada» e á «mística». Finaliza, na derradeira parte da obra, «Cara á liberación», propoñendo no seu único capítulo, «A muller independente», as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.